miércoles, 8 de diciembre de 2010

O APALPADOR

Coñeces o Apalpador? Aquí tes unha imaxe del, aparecerá no teu cuarto polo Nadal. Non o cres? Pois preme nel e investiga quen é o que quere de ti.

lunes, 6 de diciembre de 2010

A CANTAR PANXOLIÑAS

Seguimos preparando o Nadal cantando panxoliñas. En cada imaxe tes moitos para ensaiar.
En Inglés pero coa tradución ao lado


"Con un sombreiro de palla".... e outros


En galego e castelán, moitas panxoliñas

miércoles, 1 de diciembre de 2010

PREPARAMOS O NADAL

Temos moitos enlaces a páxinas que aportan recursos para preparar o Nadal. Se queres podes encontralos premendo nesta felicitación.

E premendo nas seguintes imaxes atoparás algúns xogos sinxelos cos que aprenderás a mover mellor o rato, os cursores, etc. Proba e verás.
 

lunes, 22 de noviembre de 2010

APRENDENDO A SER ESCRITOR@S

Preme na imaxe e entra en Escrilandia para aprender a describir, ilustrar un conto, facer o final do conto, e escribir postais

domingo, 7 de noviembre de 2010

GOZANDO DAS CASTAÑAS

Asadas, cocidas, ou en Marrón Glacé. Preme na imaxe e verás como se fai
Mmmmm..... Rico , rico !!!!!!!

viernes, 29 de octubre de 2010

COCIÑANDO EN SAMAÍN.

Estamos de estrea

      Contaxiadas pola febre blogueira do colexio estreamos hoxe este blog para as aulas de apoio.
      Chamámoslle  "Bótanos unha man", polas características propias do noso traballo, e tamén porque queremos que, vós que nos ledes,  nos botedes unha man na construción e no enriquecemento do blog. Todas as vosas aportacións serán benvidas, tanto nos comentarios coma en mensaxes que podedes facer chegar ao correo electrónico de contacto.
      Benvid@s e grazas pola vosa compaña.